top of page
Os "agochados"

Durante a Guerra Civil e a represión franquista moitos foron os que acudiron a refuxiarse nas covas do Monte Pindo; homes do Pindo, O Ézaro, O Fieiro e outras aldeas ligaron o seu destino ó abrigo da pedra. Os máis vellos contan como practicamente todos os homes do Ézaro sobreviviron á guerra grazas ás “furnas”, onde permaneceron agochados, como din algúns dos protagonistas: ”todo o mundo tiña o seu tío agochado no monte” e “as mulleres izaban unha especie de saba branca para avisar ós fuxidos de que non podían baixar ó pobo,que estaban os falanxistas”. Esta é a historia dun pobo ligado a unha montaña, que lles deu protección nos tempos máis difíciles e é tamén unha historia de solidariedade e fraternidade entre veciños.

bottom of page