top of page
RUTA 4
"Ruta das Olladas ó Atlántico"

Comeza na praza da igrexa do Pindo; axiña atoparemos numerosos muíños de auga e unha cova que foi o refuxio dos escapados da Guerra Civil. Seguimos ata “O Pedrullo”, onde se poden observar os restos das murallas que circundaban a antiga fortaleza.

Proseguimos ata chegar ó ”Chan de Lourenzo”, onde se atopa “O Xigante” e o que queda dunha explotación de volframio. Desde este lugar xa poderemos divisar o cume da “Moa”.

bottom of page