top of page
RUTA 2
"Pegadas da Historia"

Esta ruta que transcorre pola cara leste do macizo é a máis doada para ascender á Moa: ao chegar ó cume a visión do océano é repentina e sorprendente.

 

Comezamos na aldea do Fieiro e ascendemos por unha pista forestal ata entrarmos no monte por sendeiros empedrados. Seguindo coa ascensión chégase ó “Alto das Cortes”, onde poderemos contemplar unha panorámica da Praia de Carnota. Proseguimos atravesando os restos das antigas murallas e unha zona de pasto de cabalos salvaxes xa próximos ó cume.

bottom of page