RUTA 5
"Camiño do Castelo do Pedrullo"

Comezaremos o itinerario que nos guiará ata a “Moa” desde a pintoresca aldea de Vadebois, onde ten lugar a peculiar “Ruta dos Muíños”, onde se observa o “Muíño da Ponte”.

 

Atravesamos polo Chan das Lamas desde onde podemos contemplar a gran magnitude do Monte Pindo. Seguindo a sinalización existente chegamos ao “Pedrullo”,aquí enlazamos coa ruta 4 e a ruta comeza a ser máis dura e ascendente.