A raíña
Lupa

Esta mítica raíña galñega cuxa lenda está ligada á do Apóstolo Santiago aparece redactada no Códice Calixtino.

A tradición popular conta que “A Raíña Lupa” habitaba un Castelo no Monte Pindo, o Castelo de San Xurxo.

 

Dise que á súa morte foi enterrada xunto coas murallas do Castelo. Outros afirman que esta raíña pagá foi sepultada baixo a “Laxe da Moa”con 7 millóns de ouro aos seus pés e outros 7 riba da súa cabeza. Moitos son os que afirman que os “Guerreiros de Pedra” defenden os camiños de acceso a este rexio sepulcro.