top of page
RUTA 3
"Castelo de Peñafiel"

Comezamos na aldea do Fieiro descendendo por unha pista forestal ata entrarmos no monte por sendeiros empedrados. Ascendemos ata a base do pico Peñafiel, onde se alzaba o “Castelo de Peñafiel”, e no seu cume atópase “a cama da fertilidade”, onde acudían os matrimonios estériles para teren descendencia.

​

Nunha desviación da ruta atópase unha das formacións naturais máis colosais, ”A cova da Xoana”, empregada no seu día como crematorio.Seguimos a ascensión ata unir coa Ruta 4 na base da Moa.

bottom of page