top of page
A cama
de Pedra

Na pena máis alta do Pico Peñafiel hai unha cama de pedra onde as parellas acudían”a deleitarse” para teren descendencia. Parece que a Natureza máxica deste altar á fecundidade axudaba aos namorados a concibir.

Esta tradición pode estar relacionada con antigos rituais e cultos á fertilidade e coa crenza de que o Monte Pindo está bendito cos poderes rexerativos e curadores da Natureza.

bottom of page