top of page
Xoana

Nunha das cimas máis inóspitas do Pindo hai unha misteriosa cova que perfora as entrañas da terra atravesando a montaña de lado a lado. Coñecida como “A Casa dá Xoana” ou “ Revertedemos”, din que foi morada das bruxas e que na noite de San Juan xuntábanse ao redor da fogueira para celebrar os seus ritos e invocar ao demo, despois saían voando para atemorizar á xente da comarca coas súas maldades. Outros contan que esta cova foi un forno crematorio, onde os antigos poboadores do Monte Pindo incineraban os cadáveres dos seus semellantes e por iso non tiñan cemiterios.

bottom of page