top of page
A Raíña
Lupa

Esta mítica raíña galega cuxa lenda está ligada á do Apóstolo Santiago aparece redactada no Códice Calixtino.

A tradición popular conta que “A Raíña Lupa” habitaba nun Castelo do Monte Pindo, o Castelo de San Xurxo. Dise que á súa morte foi enterrada xunto ás murallas do Castelo.

Outros afirman que esta raíña pagá foi sepultada baixo a “Laxe da Moa” con 7 millóns de ouro aos seus pés e outros 7 riba da súa cabeza. Moitos son os que afirman que os “Guerreiros de Pedra” defenden os camiños de acceso a este rexio sepulcro.

bottom of page