top of page
Vikingos
no Ézaro

No seu libro "Viaxe á Costa da Morte”, César Antonio Molina fai referencia á existencia dun estaleiro, situado no estuario do Ézaro, onde os invasores viquingos construían e reparaban as súas naves.


"No porto natural de Quilmas, na Alta Idade Media, detíanse naves normandas para seren reparadas e carenadas, tamén para faceren incursións polo interior, o mesmo que os viquingos, árabes e turcos, inclusive se pensa que no estuario do Río Xallas, ao desembocar no Ézaro, chegou a existir un pequeno estaleiro onde os invasores construían as naves co apoio dos forzados naturais do lugar."

bottom of page