top of page
A Porta
Máxica

Conta a tradición que no encoro existe unha porta máxica oculta tras as súas impetuosas augas. Dise que está custodiada por bruxas e aquel mozo que se atreva a atravesala romperá coa súa valentía o feitizo.

Entón será conducido ao fondo do río por estas temibles gardiás atopando nas profundidades a unha bela princesa encantada coa que poderá casar e posuír unha enorme fortuna.

bottom of page